O BNG critica que a Xunta entorpeza a posta en marcha de servizos sociais

bngnoiaservizossociais_100_09102009.jpgNOIA> O grupo parlamentario nacionalista rexistrou varias preguntas para coñecer o estado de proxectos como a galescola de Noia ou a residencia de Ceilán.

Durante o goberno do bipartito desenvolveuse unha política activa de servizos sociais que permitiu, na comarca de Muros Noia, poñer en marcha diversos iniciativas como a implantación do programa xantar na casa en varios concellos. Tamén se iniciou a construción dalgunhas infrastruturas como o centro de día de Muros e se asumiu a xestión do de Outes.

{flowplayer}barbanza/bngnoiaservizossociais.flv{/flowplayer}

Asemade, quedaron compronetidas outras moitas actuacións como as galescolas de Noia, Esteiro e Porto do Son ou a creación dunha residencia para persoas con trastornos psíquicos no antigo hospital de Ceilán en Outes. Dende o BNG descoñecen o estado destes proxectos e dubidan que o actual goberno estea a realizar os trámites para a súa materialización.

Política de privatización

Por elo, veñen de presentar unha pregunta para a súa resposta oral en comisión no que se interesan polo estado destes servizos e infraestruturas. Tamén rexistraron unha proposición non de lei instando ó goberno autonómico a axilizar estes proxectos e proporcionar uns servizos públicos de calidade.

Lonxe de amplía-la dotación, os nacionalistas consideran que o goberno do Partido Popular está a desmantelar moitos servizos públicos asumindo unha política de privatización.

Redacción Barbanza