O París Dakart correrá o raid máis duro do mundo por cuarta vez

dakar250_091009.jpgSANXENXO> A Escudería París Dakart presentou esta mañá en Nauta Sanxenxo o equipo co que participará no Dakar Arxentina Chile, que se disputa no vindeiro mes de xaneiro. Será a cuarta experiencia para o piloto José López Rivas no raid máis duro do mundo, a segunda en Sudamérica

{flowplayer}images/salnes/dakar_091009.flv{/flowplayer} 

Por cuarta vez o París Dakart de Sanxenxo estará no raid máis duro do mundo como único representante galego en coches. Ós mandos, José López Rivas; o seu lado e coma copiloto, Joan Rubí, que repite trala experiencia de 2009. Como a crise afecta a case todos por igual, levar adiante o proxecto non foi nada sinxelo. A tremenda exixencia económica fai que aínda estén na procura de financiación.

Neste 2010 o coche volverá a ser un Mitshubishi L200, pero mellorado, con motor novo e cambio de 3.2. Xunto a eles, completando o equipo un campión T5 e un mecánico que se encargará do mantemento do vehículo. Todo para afrontar un raid que este ano vai ser, se cadra, aínda máis duro.

No acto de presentación no que estivo respaldado por diversas autoridades locais, José López Rivas aproveitou a ocasión para presentar o libro ‘Un gallego en el Dakar-Desde un hotel de mil estrellas. Unha historia baseada na experiencia vivida polo piloto lucense o ano pasado e na que conta con detalle os dramáticos momentos posteriores ó accidente que lles fixo abandonar a carreira.

Agora tocará seguir preparándose e ultimando detalles para a saída do raid que se dará en Bos Aires o vindeiro 1 de xaneiro.

Redacción Salnés