Ánxela Franco: “Porto do Son precisa un novo rumbo”

mocioncensurabngson_100_20102009.jpgPORTO DO SON> O BNG admite as negociacións coa agrupación local do PSOE pero de momento non haberá unha moción de censura.

A agrupación municipal do BNG de Porto do Son considera que o municipio precisa un cambio de rumbo polo que barallaron a posibilidade dunha moción de censura contra o alcalde do Partido Popular, Manuel Tomé. Non obstante, a voceira nacionalista insistiu en que os contactos mantidos coa agrupación local socialista se atopan na actualidade en punto morto.

A portavoz nacionalista sonense Ánxela Franco admitiu que houbo varias reunións, sempre convocadas polos socialistas, para negociar unha posible moción.

{flowplayer}/barbanza/mocioncensurabngson.flv{/flowplayer}

Xa nos contactos previos, a agrupación do BNG establecera como condición inescusable para iniciar negociacións que o ex rexedor Ramón Quintáns no podería ser o candidato a alcaldía xa que, segundo os nacionalistas, é o responsable da desfeita de Porto do Son. Asegurou que a proposta de ofrecemento da alcaldía para o BNG sempre partiu das ringleiras socialistas.

Compromiso e unidade

Con todo, os nacionalista sonenses entenden que a decisión responsable de presentar unha moción de censura debe ter en conta o compromiso e unidade das forzas políticas que a presentan, apoiándose nun programa e equipo de goberno compacto, coa capacidade suficiente de actuar en beneficio dos veciños de Porto do Son.

Ata o de agora, aclarou Ánxela Franco, as negociacións non fructificaron porque dende a dirección do PSdeG querían “outra cousa distinta” a pretendida pola agrupación local desta formación. Malia todo, o BNG, asegurou a súa voceira, seguirá a desenvolver un labor construtivo, colaborando na mellora dos servizos e investimentos, cun claro proxecto de alternativa para Porto do Son na vindeira lexislatura.

Redacción Barbanza