O Rotary CLUB elixe o Rías Baixas que regalarán os socios no Nadal

    rotary_club_cata_100_201009.jpgPONTEVEDRA> A organización humanitaria doará unha porcentaxe das vendas do viño ó programa POLIO+.

    {flowplayer}images/salnes/201009_rotary_club.flv{/flowplayer}

    Felicitar as festas de Nadal agasallando unha botella de viño vense convertendo xa nunha tradición entre os membros do Rotary Club en España. Esta organización naceu no 1905 coa fin de prestar asistencia humanitaria e hoxe en día posúe delegacións en preto de 200 países. No caso de España, o Rotary Club da Rioja foi o primeiro en poñer en marcha unha iniciativa solidaria con motivo das festas de Nadal: seleccionar un viño con D.O. elaborado nesta rexión para que os seus socios puideran mercar as botellas e regalalas por Nadal. Unha parte dos beneficios que se obteñen na venda do viño destínanse a un fin social. Tomando este exemplo, os membros do Rotary Club en Pontevedra decidiron hai sete anos seguir os pasos da Rioja e convocar unha Cata Solidaria na que se escollerá o viño que agasallarán os seus socios, neste caso, un albariño da DO Rías Baixas.

    Seis expertos da Asociación Galega de Sumilleres foron os encargados de avaliar os sete Rías Baixas seleccionados para participar nesta sétima Cata Solidaria. De entre eles, o albariño con máis alta puntuación será o que se ofreza ós rotarios tanto de Pontevedra como de toda España para regalar neste Nadal. Por cada botella que compren, arredor de 1,50 euros destinaranse ó programa POLIO+, que loita para erradicar esta enfermidade entre os nenos dos países máis necesitados.

    Ademais desta fin social, a Cata Solidaria serve tamén para promover os albariños Rías Baixas en todo o territorio nacional. De feito este ano, os socios do Rotary de Pontevedra está pensando en ampliar a iniciativa a nivel internacional, ofrecendo os viños a outros clubes rotarios de Portugal, Inglaterra, Francia ou Italia.

    Redacción Salnés