O PP considera satisfactorios os orzamentos da Xunta para o Barbanza

    pppresupostosbarbanza_100_211009.jpgBARBANZA> O documento orzamentario ascende ós 60 millóns de euros, con proxectos tan importantes como as EDAR de Ribeira e Corrubedo ou a construción dun novo CEIP en Boiro.

    {flowplayer}barbanza/pppresupostosbarbanza.flv{/flowplayer}

    Como non podía ser doutro xeito o deputado popular referiuse a que por primeira vez na súa historia os presupostos da Xunta de Galicia sufren unha pequena baixada, debido á situación de crise económica na que nos atopamos. Por esta razón e para lograr que os orzamentos foras solidarios con tódolos territorios da comunidade fíxose unha contención do gasto. Así o montante económico que destina o goberno de Núñez Feijoo para o Barbanza achégase ós 60 millóns de euros.

    Manuel Ruíz fixo refrencia ó firme compromiso da Xunta de levar a cabo tódalas obras incluidas nos orzamentos. Así tódolos proxectos aparecen con indicación de partidas ou plans nos que están contidos.

    Os maiores investimentos nestes presupostos son os destinados ó pago da autovía do Barbanza, nove millóns de euros, as EDAR de Ribeira e Corrubedo, dez millóns de euros, ou para a unidade asistencial de saúde mental, un millón de euros.

    Redacción Barbanza