O Plan E 2010 contará dun orzamento de 5.000 millóns de euros

    plane_morana_100_261009.jpgMORAÑA> Son 3.000 millóns menos que o deste ano, e incluirá novidades na natureza das obras a financiar ou a contía a percibir polos concellos ó licitar a obra.

    {flowplayer}images/salnes/261009_plan_e_morana.flv{/flowplayer}

    Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local. Este é o nome que tomará o Plan E do 2010, de acordo coas modificacións introducidas no novo programa. Contará cun presuposto de 5.000 millóns de euros a repartir entre tódolos municipios de España, 3.000 millóns menos que o deste ano. Entre as novidades que inclúe salienta a natureza das obras que se poderán financiar con cargo a este plan. Deberán estar orientadas en tres liñas: a sostenibilidade económica, é dicir, infraestruturas que aposten pola innovación e desenvolvemento tecnolóxico, a sosteniblidade ambiental e o impulso ós servizos sociais, en especial a Lei de Dependencia. Outro dos cambios vén na cantidade económica que os concellos recibirán no momento no que se licite a obra.

    O Fondo do 2010 dará máis autonomía ós concellos, deixando á súa decisión se investir o rozamento que lles corresponde só en obras ou dedicar unha porcentaxe a gastos correntes.

    Delfín Fernández aproveitaba a súa visita ó concello de Moraña para explicar algunhas das características do Plan E 2010. Alí, o subdelegado do goberno supervisou as últimas actuacións que se están a levar a cabo con cargo ó Plan E, a urbanización das rúas 5 e 6 de Santa Lucía. Fernández tamén comentou co alcalde de Moraña a partida do Fondo Estatal que lle corresponderá ó municipio o vindeiro ano, preto de 470.000 euros que se dedicaran en gran parte a seguir con obras de saneamento. En principio está previsto que esta semana se publique o Real Decreto no que figura o Fondo Estatal para o 2010. A partir de entón os concellos disporán de tres meses para presentar as súas propostas.

    Redacción Salnés