Un obradoiro de emprego posibilitará a recuperación das minas de San Finx

obradoiroempregolousame_100_271009.jpgLOUSAME> A Consellería de Traballo e Benestar vén de aprobar a concesión deste obradoiro que contará cun presuposto de máis de 573 mil euros.

A Consellería de Traballo e Benestar vén de concederlle ó concello de Lousame un obradoiro de emprego que posibilitará continuar coa rehabilitación do poboado mineiro de San Finx. O inicio da actividade, que contará cos módulos de albanelería e carpintería, será a primeiros de decembro. 

{flowplayer}barbanza/obradoiroempregolousame.flv{/flowplayer}

O alcalde de Lousame, Santiago Freire, amosaba a súa satisfacción pola consecución deste obradoiro de emprego. O presuposto total supera os 573 mil euros, dos cales 487 mil serán aportados pola Consellería de Traballo e a cantidade restante deberá ser asumida polo propio concello.

Dúas especialidades

Da iniciativa formativa poderán beneficiarse un total de 27 traballadores, tendo especial preferenza as mulleres ou aquelas persoas con maiores dificultades para a súa inserción laboral. Dúas serán as especialidade das que dispoña este obradoiro de emprego, un módulo de albanelería con cabida para 11 persoas e outro de carpintería no que poderán inscribirse un total de 12 alumnos-traballadores.

Entre as accións que levarán a cabo durante o ano de formación figuran a recuperación integral de varios edificios do antigo complexo mineiro para a súa posta en valor. O inicio deste obradoiro de emprego está previsto para o primeiro de decembro, aínda que o proceso de selección tanto dos alumnos coma do persoal docente comezará o vindeiro mes de novembro.

Redacción Barbanza