Andaina de protesta contra a privatización das emerxencias

    bomberos_copia100.jpgVILAGARCÍA> Os sindicatos acusan á Xunta querer impoñer un modelo privado que prime a rentabilidade por riba da seguridade.

    {flowplayer}images/salnes/MANIFESTACION_BOMBEIROS.flv{/flowplayer}

    Os sindicatos CCOO, CIG e UXT convocaron unha manifestación conxunta este venres en Santiago. Esta mañá, os bombeiros de Vilagarcía xunto cos de Porriño, Morrazo e o Salnés, saíron rumbo á capital para confluir, cos demáis efectivos de tódolos parques de bombeiros de Galicia, na Praza do Obradoiro ás sete. O obxectivo: protestar pola privatización da xestión de emerxencas.

     Dende as organizacións sindicais acusan ó Executivo autonómico de actuar en complicidade coas deputacións provinciais para consolidar un modelo absolutamente privatizado.

    Os sindicatos aseguran que a Xunta concederá a xestión a amigos e empresas que buscan o lucro, a través da precariedade e escatimando en medios humáns e técnicos.

    Por elo, os tres colectivos fixeron un chamamento á participación cidadana na movilización do venres, para defender un sistema público profesional e con medios suficientes.

    Redacción Salnés