A construción naval en madeira: unha aposta de futuro

    xornadasagalcari_100_021109.jpgRIBEIRA> O auditorio ribeirés converteuse este sábado no escenario das II Xornadas ’Un Mar de Madeira’ organizadas por AGALCARI.

     

    {flowplayer}barbanza/xornadasagalcari.flv{/flowplayer}

    O encontro, de gran éxito, tanto polo público asistente como polo nivel de poñentes que participaron no mesmo, destacou pola presenza, entre outras autoridades, da Conselleira de Pesca, Rosa Quintana, que foi ademais a encargada de inauguralas. Coa realización destas xornadas, Agalcari pretendía analiza-la situación actual do sector, fundamentalmente de cara a aproba-lo regulamento que marque as directrices a seguir pola entidade de cara a acadar nun futuro un selo de calidade, tal e como explicou o propio presidente da entidade, Xerardo Triñanes.

    Programa construción embarcacións tradicionais

    O encargado de clausurar este encontro foi o presidente de Portos de Galicia, Xosé Manuel Álvarez-Campana. Na súa intervención anunciou que o deu departamento ten previsto a posta en marcha dun programa de construción de embarcacións tradicionais que suporá un investimento duns 700 mil euros e que permitirá ó sector da carpintería de ribeira poder afrontar mellor a crise pola que atravesa.

    Redacción Barbanza