As cabazas e os disfraces toman o Salnés

samain100.jpgSALNES> Os nenos do Salnés pasaron unha fin de semana de medo nas distintas festas de Samaín que se celebraron na comarca.

{flowplayer}images/salnes/samain.flv{/flowplayer}

SALNES> Os nenos do Salnés pasaron unha fin de semana de medo nas distintas festas de Samaín que se celebraron na comarca.

En Vilagarcía, esta tarde xuntáronse na Praza de Galicia para participar da festa organizada pola Concellería de Xuventude. O evento estivo animado por un zancudo e os nenos tamén tiveron unha sesión de contacontos.

Cabazas e disfraces tamén foron os protagonistas esta fin de semana en Catoira. Os nenos concentráronse o venres pola tarde no pavillón municipal para confeccionar as caveiras, que sacaron o sábado pola tarde en procesión polas rúas do municipio.

Unha tradición que tamén celebraron na Illa o venres pola noite, cun desfile e unha chocolatada de medo. Centos de veciños, pequenos e maiores, botáronse á rúa para celebrar o Samaín, a festa dos pobos celtas para espantar ós mortos.

No Grove, o Samaín celebrouse na praza de Arriba. Obradoiros, actuacións, contacontos, xogos e concursos animaron a tarde dos rapaces. Tamén decoraron calacús e fixeron procesións de ánimas e disfraces.

Pero o Samaín non é só unha festa para os máis pequenos da casa. Na Residencia Divina Pastora de Vilagarcía, os maiores tamén gozaron desta tradición, cunha actuación da escola sociocultural Nydia.

Redacción Salnés