Os bens intervidos na operación ‘Sisana’ superan os 2 millóns de euros

    operacion_sisana100.jpgPONTEVEDRA> A Garda Civil amosou hoxe algúns dos efectos intervidos na operación ‘Sisana’. Así se denomina unha das intervencións …

    {flowplayer}images/salnes/operacion_sisana.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> A Garda Civil amosou hoxe algúns dos efectos decomisados na operación ‘Sisana’. Así se denomina unha das intervencións máis importantes do ano contra o branqueo de capitais e tráfico de drogas e que permitiu, ata o momento a detención de 14 persoas. O que amosaron hoxe nas dependencias da comandancia son os obxectos máis significativos atopados no rexistro da luxosa mansión que José Lafuente e a súa muller teñen en Sisán, no concello de Ribadumia.

    A Garda Civil inda lle queda documentación e obxectos requisados pos analizar, polo que, de momento, non se coñece o valor dos bens, tanto mobles como inmobles, intervidos no marco desta operación. Fálase de dous millóns de euros, e cren que se quedan curtos. De todos xeitos dan fe da gran cantidade de diñeiro que manexaban os detidos. Tódolos obxectos, agás as armas, tíñanos á vista. As armas pasarán polo laboratorio de Criminalística para comprobar se foron empregadas nalgún delito. Os investigadores sospeitan que así sexa, tendo en conta os antecedentes do presunto cabecilla.

    Poucos datos aportou hoxe a Garda Civil, tendo en conta que o caso está inda baixo segredo de sumario. A operación, iniciada hai tres anos, mantense aberta e non se descartan novas detencións. De momento xa hai 14 detidos, catro ó principio da investigación e os outros dez a pasada semana. Destes últimos xa están no cárcere desde o venres José Lafuente, o presunto cabecilla; a súa muller Carmen Torres, un sobriño Eladio Lafuente e o testaferro Benigno Santos. 

    Redacción Salnés