Feijoo afirma que o novo hospital será un dos mellores de Europa

    feijoo100.jpgPONTEVEDRA> O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que o novo hospital de Pontevedra será un dos mellores de Europa.

    {flowplayer}images/salnes/feijoo_modesto_hospital.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que o novo hospital de Pontevedra será un dos mellores de Europa, cun 65% de habitacións individuais e un 20% máis de camas que os dous centros actuais xuntos. Feijoo salientou, ademais, que o centro estará ben conectado, xunto á autoestrada, ben dimensionado e nunha parcela que permita a súa ampliación.

    Esta aposta da Xunta polo novo hospital non é compartida nin polo BNG nin polo PSOE. O secretario xeral socialista en Pontevedra, Modesto Pose, non entende como se bota por terra os cincuenta millóns de euros que se levan investidos na mellora do Hospital Montecelo para afrontar, en época de crise, a construción dun novo hospital. Unha opinión que tamén comparte o alcalde de Pontevedra, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores. Pose e Lores aseguran que o PP ten un afán privatizador neste novo proxecto, pero Núñez Feijoo reitera que a Xunta se compromete coa sanidade pública.

    O presidente da Xunta estivo hoxe en Pontevedra na inauguración da mostra Galiciadixital, na residencia de maiores de Campolongo. Feijoo percorreu a exposición cos residentes e indicou que escolmas desta mostra viaxarán tamén a outras catro residencias de maiores, a cinco centros hospitalarios e a catro concellos. O mandatario galego salientou como un horizonte do seu Goberno, a aposta polas novas tecnoloxías.

    Redacción Salnés