O grovense Fredi Bea, presidente da Federación Galega de Piragüismo dende o pasado día 1 deste mes xa pode contar coa súa propia Xunta Directiva, que presenta como novidade a existencia de tres vicepresidentes.
O seu novo asesor é Francisco González, o tesoureiro César Estévez, mentres que Santiago Sanmamed, o candidato derrotado nas eleccións, permanecerá como secretario da Federación.
O vicepresidente primeiro será Esteban Alonso; Xosé Enrique Rodríguez exercerá de vicepresidente segundo e responsable de slalom e augas bravas, mentres que Arturo Paz, do Piragüismo Illa de Arousa, formará como vicepresidente terceiro e resposable de ríos e maratón. Daniel Ángel Brage é o novo director técnico.
Asímesmo nomeáronse once vocias: Ángel Barreiro, do Náutico Pontecesures, encargarase das relacións cos clubes; José Manuel Sánchez, responsable de árbitros; Félix Lamas, do Breogán do Grove, responsable de aguas tranquilas; Araceli Menduíña, responsable de kayak de mar de competición; Jaime Corral, de kayak de mar recreativo; e Manuel Isorna, técnico de As Torres de Catoira, responsable de adestradores. O responsable de kayak polo queda por determinar.
Por último o equipo completarase cos delegados nas diferentes provincias: Rafael Peláez (Lugo), Francisco Barreiro ( A Coruña), Raquel Rodríguez (Pontevedra) e Manuel Blanco (Ourense).
Redacción Salnés