Os propietarios de Terrabarbanza 3 síntense abandonados

    denunciaedificioboiro_100_201109.jpgBOIRO> Xa non saben a onde acudir para soluciona-los múltiples problemas que presentan as súas vivendas.

    {flowplayer}barbanza/denunciaedificioboiro.flv{/flowplayer}

    A pesar de que o inmoble non ten nin un ano, as deficiencias que denuncian os propietarios son inumerables. A máis grave é a existencia deste terraplén a escasos metros do inmoble que esta semana derrubouse por mor das chuvias. Ademais do risco de causar danos ó edificio e mesmo ós residentes, as rochas e a terra caída dificultan o acceso ó garaxe deixándoo practicamente inutilizable.

    Abusos por parte da promotora

    Outra das denuncias refírese ós abusos por parte da promotora que, segundo din os afectados, agora pretende cobrarlle a a enerxía eléctrica a pesar de que seguen con luz de obra. Os responsables da empresa mesmo chegaron a colocar carteis no edificio ameazando con cortarlle-lo subministro se non fan efectivo o pago.

    Numerosas deficiencias

    A lista de deficiencias é moita máis ampla; dende humidades ata filtracións de auga ou falta de elemntos de seguridade básicos como extintores ou alarma contraincendios. Por todos este motivos, os veciños xa presentaron unha queixa ante o Valedor do pobo e varios escritos no concello e na Xunta de Galicia. Á espera que que un perito valore os danos, os veciños non descartan emprender accións xudiciais contra a promotora.

    Redacción Barbanza