O bipartito consegue o apoio de EU para aprobar a RPT

    fajardo100.jpgVILAGARCÍA> O goberno municipal poderá sacar adiante no pleno deste xoves a aprobación da I fase da Relación de Postos de Traballo.

    {flowplayer}images/salnes/rpt_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Finalmente o goberno municipal poderá sacar adiante no pleno deste xoves a aprobación da I fase da Relación de Postos de Traballo. A alcaldesa e mailo edil de Persoal asinaron esta mañá un acordo co portavoz de Esquerda Unida no que se recollen algunhas propostas deste grupo. A fundamental, segundo Juan Fajardo, por en marcha unha empresa municipal de servizos que asuma a atención a domicilio, que agora presta unha entidade privada.

    Segundo este acordo, o goberno municipal sacará do organigrama as prazas de xefe de gabinete de alcaldía e a de auxiliar administrativo de secretaría e protocolo, ambas de nova creación. A de administrativo de Xerencia de Urbanismo dará lugar a amortizar unha praza de auxiliar administrativo e ademais non se extinguirán as prazas de limpadoras.

    O goberno local informará a Esquerda Unida de tódalas contratacións e bolsas de traballo antes de aprobalo na Xunta de Goberno e crearase unha comisión de seguimento da contratación. O Goberno Local considera que o asinado hoxe é un bo acordo, que permitirá organizar os postos de traballo do Concello.

    Na comparecencia de hoxe Esquerda Unida e PSOE non aclararon se tamén hai acordo con respecto á ordenanza de terrazas, inda que todo apunta a que no pleno deste xoves si será aprobada.

    Redacción Salnés