Sentenza absolutoria para Maceiras no derrube da vivenda dos Guimarey

sentenzaguimarey_100_241109.jpgPOBRA> O Xulgado de Instrucción Número 1 de Ribeira absolveu ó alcalde da Pobra, Isaac Maceiras, dun delito de faltas por desobediencia.

{flowplayer}barbanza/sentenzaguimarey.flv{/flowplayer}

O caso da vivenda das irmás Guimarey segue coleando dez anos despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordeara o derrube da cuberta por supostas irregularidades na concesión da licenza.

Daquela, o concello tratou por dúas veces de executa-la orde, sendo imposible por mor da oposición dos veciños que impediron o acceso á vivenda. Ante a demora, o Ministerio Fiscal abriu un proceso contra o concello por suposta desobediencia que se saldou cunha multa. Finalmente non foi ata o 2005 cando se executou o derrube.

Acusación particular

Sen embargo, no ano 2006, Isidoro Millán Mieites persoouse como acusación particular contra o alcalde, Isaac Maceiras, por un presunto delito de desobediencia ante a tardanza en facer efectiva a orde xudicial.

Daquela, o xuíz rexeitou a comisión dun delito e seguiu adiante cun xuízo de faltas, que se celebrou o pasado 11 de novembro. A sentenza absolve a Isaac Maceiras da falta de desobediencia de que se lle acusaba.

Persecución

O alcalde amosaba a súa satisfacción ante esta resolución despois de dez anos nos que asegura que sufriu unha auténtica persecución a nivel persoal.

Aínda así, a sentenza é apelable aínda que dende o concello confían en que, no caso de interpoñerse o recurso, a resolución volte ser favorable.

Na actualidade, a vivenda obxecto de tanta polémica conta coa oportuna licenza e axústase totalmente á legalidade vixente no marco do novo plan urbanísitco, tal e como sempre defenderon dende o concello.

De aí, que a única intención do executivo sexa pasar páxina e deixar atrás este conflito que tanto se ten prolongado no tempo.

Redacción Barbanza