Catalina González garantiza o mantemento da política social

    concello_copia100.jpgSANXENXO> O Concello de Sanxenxo garantiza o mantemento da súa política social, consignando 4,4 millóns de euros.

    {flowplayer}images/salnes/ORZAMENTOS_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    O proxecto dos orzamentos co Concello de Sanxenxo, que será debatido na sesión plenaria do luns, contempla unha partida de 4.447.000 euros. Estes contemplan a continuidade de tódolos servizos sociais, dedicando a mesma consignación económica que en anteriores exercicios. A alcaldesa, Catalina González, afirmou que a prioridade do concello neste difícil momento económico, é garantir o mantemento de tódolos programas que se están desenvolvendo no ámbito social.

     A Concellería de Benestar Social, contará con máis de un millón de euros, o 25% do importe total dedicado ó organismo autonómo. Estará destinado, entre outras cousas, a servizos sociais de base, axuda no fogar a persoas dependentes, educación familiar e emerxencia social.

    Desde o concello se recoñece que o orzamento xeral disminuiu en relación a outros anos, debido á crise.

    A pesar do descenso, non se incrementará a carga fiscal, mantendo os impostos, como o de Bens Inmobles, en un nivel dos máis baixos de Galicia e do estado.

    Redacción Salnés