A praza de abastos da Pobra estrea nova imaxe

    imaxecorporativaprazapobra_100_011209.jpgPOBRA> Os vendedores da praza de abastos presentaron  a súa imaxe corporativa estreando novos uniformes e bolsas co logotipo da asociación.

    {flowplayer}barbanza/imaxecorporativaprazapobra.flv{/flowplayer}

    Dende este martes os vendedores da praza de abastos da Pobra atenderán aos seus clientes con nova roupa de traballo. Trátase duns uniformes unificados que locen o logotipo da asociación. Esta imaxe corporativa tamén figurará nas bolsas, nos portaprezos e na promocións comerciais que de agora en diante organicen a asociación.

    A posta en marcha desta iniciativa foi posible grazas a unha achega da Consellería de Economía e Industria de vinte e nove mil euros ca que tamén pretenden levara a cabo outras iniciativas e actividades dinamizadoras no mercado. A subdirectora de Comercio da Consellería de Economía e Industria da Xunta, Sol Vázquez visitou esta mañá a praza para coñecer as instalacións e manter unha xuntanza cos integrantes da asociación de vendedores.

    Mercado modelo

    Pola súa banda, o rexedor pobrés sinalou que dende a súa remodelación, a praza de abastos ten unha ampla variedade de oferta alimentaria repartida nos máis de vinte postos presentes nas instalacións. Ademáis, lembrou que as novas instalacións serviron de modelo para construir mercados municipais noutros concellos galegos.

    Con esta campaña de difusión da imaxe corporativa da praza de abastos da Pobra búscase, sobre todo, que o cliente identifique a praza como un lugar de calidade e servizo aos clientes. Na actualidade o colectivo traballa na campaña de Nadal pero ca vista posta xa en novas iniciativas que den un pulo a actividade económica no mercado de abastos.

    Redacción Barbanza