O plan de emprego de Ribeira fai fixos a cincuenta e seis interinos

    plenoribeira_100_011209.jpgRIBEIRA> A corporación aprobou a fase inicial do plan de emprego dos traballadores do concello que permitirá consolidar o posto de 56 interinos.

    {flowplayer}barbanza/plenoribeira.flv{/flowplayer}

    Na sesión plenaria a corporación municipal de Ribeira deu luz verde ao plan de emprego do concello. Este asunto, malia estar incluido na orde do día do pleno de outubro, ao final non chegou a votarse á espera de que se levaran a cabo unha serie de correccións. Daquela o que si se aprobara fora o borrador do organigrama de posto de traballo do persoal municipal.

    O plan de emprego saiu adiante cos votos favorables do grupo de goberno ribeirés e a formación IPDR. Pola súa banda, o BNG votou en contra e os edis do PSOE abstivéronse. O novo documento permitirá consolidar de xeito fixo o posto de cincuenta e seis traballadores interinos, dos que corenta e cinco son persoal laboral e funcionarios os once restantes. Outros trece empregados de carácter temporal pasarán a ser persoal indefinido non fixo.

    Mocións

    O resto da sesión plenaria centrouse nas mocións presentadas polas distintas agrupacións. Non obstante, non todas puideron ser debatidas, xa que a falta de tempo impediu dar cabida aos quince puntos incluidos na orde do día.

    As mocións presentadas polo BNG solicitando o uso terciario para as plantas semisoto, máis información sobre a adxudicación da escola infantil e melloras no transporte público escolar non conseguiron o apoio da corporación. Non aconteceu o mesmo coa moción do nacionalista Luis Teira en relación coas caixas de aforro, que se aprobou por unanimidade o mesmo que a iniciativa presentada por Iniciativa Progresista de Ribeira sobre as melloras no lugar dos Areeiros.

    Tamén sairon adiante outras mocións presentadas polo grupo de goberno solicitando máis recursos para a lei de Dependencia e modificacións nos presupostos xerais do Estado para o vindeiro ano que garantan o correcto funcionamento das administracións locais

    Redacción Barbanza