A Xunta axudará na mellora de accesos a viñas e adegas de Rías Baixas

    infraestruturas_rias_baixas_100_021209.jpgCAMBADOS> En total repartiranse 3 millóns de euros entre os concellos con máis dunha hectárea de superficie vinícola adscrita á D.O.

    {flowplayer}images/salnes/021209_plan_rias_baixas.flv{/flowplayer}

    Vinte e tres concellos das comarcas do Salnés, Pontevedra, O Condado, Caldas, Vigo, Baixo Miño, O Sar e Santiago poderán solicitar á Xunta unha axuda económica para mellorar os accesos públicos a plantacións e adegas inscritas na Denominación de Orixe Rías Baixas. A consellería do Medio Rural vén de anunciar que nos orzamentos da Xunta para o 2010 contémplase unha partida de 3 millóns de euros para financiar estas actuacións.

    A subvención adxudicarase por municipios de xeito proporcional, tendo en conta o número de adegas e hectáreas de viñedo que posúe e que están inscritos na DO. Cambados será o concello que perciba a maior partida prevista nos fondos, un 417.000 euros, seguido por Ribadumia, con 351.000 e Meaño, con 328.000. Todos eles da subzona do Salnés. A axuda chegará á práctica totalidade dos concellos con explotacións amparadas por Rías Baixas, quedan excluídos aqueles cunha superficie de viñedos inferior a unha hectárea.

    Aínda que os orzamentos do 2010 están pendentes de aprobación, Medio Rural confía en que os proxectos presentados polos concellos poidan estar licitados e executados no ano que vén.

    Redacción Salnés