O Consorcio do Salnés di non ó centro comercial de Vilanova

    consorcio100.jpgVILAGARCÍA> O 70 por cento do pequeno comercio do Salnés están en contra do centro comercial de San Miguel de Deiro, en Vilanova.

    {flowplayer}images/salnes/consorcio.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O setenta por cento do pequeno comercio do Salnés están en contra da instalación dun centro comercial en San Miguel de Deiro, en Vilanova. Así o manifestou o Consorcio de Comercio do Salnés, en resposta ás declaracións feitas a pasada semana polo alcalde vilanovés, Gonzalo Durán.

    O presidente do Consorcio Marcos González compareceu ante os medios de comunicación acompañado de representantes de tódalas asociacións da comarca para recalcar un non rotundo a esta área comercial nas aforas de Vilanova.

    O Consorcio busca o respaldo da Xunta neste asunto. E para iso xa solicitou unha entrevista coa directora xeral de Comercio, Nava Castro, e co delegado territorial, José Manuel Cores Tourís. Ademais, lembran que segundo a nova normativa, a Xunta supervisará as novas áreas comerciais e todo centro que supere os 2.500 metros cadrados e se asente fóra dos cascos urbanos necesitará unha licenza autonómica para poder abrir.

    Ós comerciantes tampouco lles convencen as bondades do centro comercial relatadas por Gonzalo Durán. Segundo os seus datos, alugar locais nas grandes superficies é caro e escasamente rendible. Advirten tamén que os 500 postos de traballo que se crearían serían en precario.

    Os comerciantes non quixeron entrar ó trapo dos descalificativos que lles ofreceu Gonzalo Durán e só pediron un pouco máis de respecto cara este colectivo.

    Redacción Salnés