Extrugasa celebra o seu tradicional xantar de Nadal

extrugasa250_101209.jpgVALGA> Extrugasa celebrou esta tarde o seu tradicional xantar de Nadal. Xunto a directiva estiveron os planteis dos equipos de futbol e baloncesto que patrocina a entidade. Houbo a tradicional foto de familia e falouse, como cada ano, de fichaxes.

{flowplayer}images/salnes/extrugasa_101209.flv{/flowplayer} 

Como cada ano por estas datas o presidente de Extrugasa Andrés Quintá quixo convidar ós planteis e corpo técnico dos equipos de futbol e baloncesto que patrocina. Xunto a eles, representantes dos medios de comunicación da comarca. Como é tradición fíxose a foto de familia diante das instalacións da empresa antes de que tódolos convidados recibisen o seu agasallo de Nadal, tan expléndido como en cursos anteriores.

Tralo xantar e o discurso do presidente no que lle desexou o mellor a ambos equipos tocou falar do deportivo, concretamente das posibles fichaxes no mercado invernal do conxunto de baloncesto. Directiva e técnicos coinciden na necesidade de reforzar o plantel. Trataríase dunha xogadora exterior que dese un salto de calidade ó equipo. A premisa é non fichar por fichar. 

O certo é que dende o equipo técnico xa se ten botado ó ollo a varias xogadoras que poderían recalar nas filas do Extrugasa. Só falta consensuar coa directiva o presuposto co que contarían. 

Nos últimos anos os reforzos de inverno sempre deron bos resultados. Agardemos que se repita nesta temporada.

Redacción Salnés