Ribadumia acolle un curso de atención a persoas dependentes

    curso_ribadumia_copia100.jpgRIBADUMIA> Realízase a través do programa Aquelando da Deputación de Pontevedra. Permitiralles especializarse nun sector que, cada día, demanda máis persoal.

    {flowplayer}images/salnes/CURSO_RIBADUMIA.flv{/flowplayer}

    O curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes realízase a través do programa Aquelando da Deputación de Pontevedra. Este proxecto ten por obxectivo facilitar a inserción profesional de colectivos con especiais dificultades de acceso ao mercado de traballo no sector de servizos.

    A tenente de alcalde de Ribadumia, afirmou que o concello está moi comprometido con este tipo de cursos.

     A clase está formada por 20 alumnos que cursarán cincocentas cincuenta horas entre teoría e práctica.

    Lidia Álvarez definiu este proxecto como unha gran oportunidade para entrar nun sector laboral que está continuamente ofertando postos de traballo.

    Os alumnos contarán cunha orientación laboral continua a través dos profesionais do programa Aquelando da Deputación de Pontevedra.

    Redacción Salnés