Os veciños de Cabo recollen firmas en contra dos pasos de peóns elevados

    pasoselevadoscabo_100_141209.jpgBOIRO> O proxecto de mellora de seguridade vial que se está a acometer na estrada que vai cara Cabo de Cruz segue sen convencer ós veciños.

    {flowplayer}barbanza/pasoselevadoscabo.flv{/flowplayer}

    Dende a asociación de veciños A Unión de Cabo de Cruz xa lle transmitiran ó concello o seu descontento co proxecto previsto para a mellora da seguridade vial na estrada que conecta a parroquia co núcleo urbano de Boiro.

    Recollida de firmas

    Daquela o goberno procedeu á modificación do proxecto, reducindo de dezaoito a doce os pasos de peóns elevados. Sen embargo, esta nova proposta que xa se está a materializar tampouco contenta ós afectados que iniciaron unha campaña de recollida de sinaturas para que se paralicen os traballos e se busque unha alternativa.

    O próximo mércores está previsto unha reunión do consello parroquial para recoller as distintas aportacións dos colectivos con representación na parroquia.

    Consenso

    Dende a entidade veciñal insisten en que é competencia dos técnicos a busca de alternativas aínda que entenden que deben estar consensuadas cos veciños e non supoñer un lastre para o desenvolvemento da actividade portuaria.

    O presidente da Unión aclarou ademais que os veciños rexeitan a construción dos badéns pero non a eliminación de barreiras arquitectónicas que contempla o proxecto.

    Redacción Barbanza