As chuvias derruban parte do muro de contención do paseo de Cabío

    derrubemurocabio.jpgPOBRA> A Demarcación de Costas en Galicia decidiu intervir no paseo marítimo de Cabío debido á caída de parte do muro de contención.

    {flowplayer}barbanza/derrubemurocabio.flv{/flowplayer}

    Operarios da empresa Tragsa acometen estes días a mellora do muro de contención existente a carón da praia de Cabío, que actúa de suxección do paseo marítimo existente.

    Ante o perigo de que o derrubamento fora a máis o executivo loval alertou á Demarcación de Costas en Galicia que á maior celeridade posible decidiu actuar con urxencia. Segundo informaron do propio concello todo apunta ás intensas chuvias caídas ó longo das últimas semanas como principal causa do problema.

    A actuación a realizar non só se limitará a levantar a parte do muro caído, senón que se levará a cabo unha intervención maior, coa finalidade de reforzar aínda máis as paredes de contención e evitar futuros desprendementos. Dende o executivo pobrés confían en que as obras estean rematadas nas próximas semanas.

    Redacción Barbanza