Os mariñeiros do cerco esixen o cobro das axudas pola veda da anchoa

    axudascerco_100_161209.jpgPORTO DO SON> Os mariñeiros do cerco de Portosín continúan sen cobrar as axudas correspondentes ó paro da campaña da anchoa deste ano. Para esixir que se faga efectivo o pago manifestaranse o próximo luns ante as dependencias da Xunta de Galicia en Santiago xunto co resto da flota galega afectada.

    {flowplayer}barbanza/axudascerco.flv{/flowplayer}

    O retraso nos pagos das axudas pola veda da anchoa semellan xa un mal endémico de Galicia. Trátase de subvencións de tres mil euros, aboadas conxuntamente polo goberno central que aporta 1.800 e a comunidade autónoma que achega os 1.200 restantes.

    Mentres o resto da flota do Cantábrico xa recibiu as axudas, chegando mesmo os goberno autonómicos a adiantar con fondos propios a aportación de Madrid, os galegos seguen agardando por estas axudas, máis necesarias se cabe nesta campaña que se perfila como unha das peores dos últimos anos.

    Medidas de protesta

    A iniciativa dos mariñeiros de Portosín que engloba a maior parte da flota do cerco de Galicia, aproximadamente cento setenta mariñeiros, o próximo luns desenvolverase unha concentración ás portas da Consellería do Mar en San Caetano coa que pretenden chamar a atención sobre a súa situación. Anteriormente, manterán unha xuntanza cos responsables da Federación Galega de Confrarías para trasladarlle a difícil situación que atravesa este subsector. 

    Os mariñeiros non queren que lles suceda o mesmo que no ano 2005 cando quedaron sen cobrar estas axudas. 

    Apertura do caladoiro

    No que si se mostrou máis esperanzado o patron maior da confraría de Portosín foi na recuperación do caladoiro de anchoa do golfo de Viscaia, logo de que a Unión Europea acordara rematar con preto de cinco anos de veda nesta zona.

    O caladoiro do bocarte en Viscaia levaba pechado dende o ano 2005 por mor da sobreexplotación a que se vira sometido e que puxo en serio perigo a continuidade da especie nesta zona. Tras as últimas comprobacións, a Unión Europea decidiu reabrir a pesqueiría na que faenan medio cento de cerqueiros galegos, sobre todo de Portosín, Cambados Ribeira, Portonovo e Vigo.

    A reapertura do caladoiro terá lugar o vindeiro un de xaneiro. O tope máximo de capturas estableceuse en sete toneladas de bocarte. Agora tan só resta coñecer como se repartirán as porcentaxes de capturas entre as flotas española e francesa que son as que acuden a traballar nesta zona.

    Redacción Barbanza