SANTIAGO> Representantes da flota galega do cerco manifestáronse esta mañá ás portas da Consellería do Mar para esixir o cobro das axudas pola veda da anchoa. A súa intención é seguir concentrándose cada luns ata que se faga efectiva a totalidade dos pagos.
{flowplayer}barbanza/mobilizacioncerco.flv{/flowplayer}
Tras manter unha xuntanza cos responsables da Federación Galega de Confrarías, os representantes do sector cerqueiro dirixíronse ás dependencias da Xunta de Galicia, en San Caetano. A pesar do forte temporal apostáronse á entrada da Consellería do Mar portando unha pancarta na que esixen o pago das axudas pola veda da anchoa.
Agravio comparativo
Fartos de que se repita a situación e sempre se demore o cobro destas subvencións síntense discriminados polo seu goberno autonómcio xa que o resto da flota do Cantábrico xa recibiía as contías correspondentes ó paro biolóxico.
Síntense ademais enganados polo goberno popular que, cando estaba na oposición, prometeulle o cobro inmediato das axudas. Sen embargo, na campaña deste ano vólvese repetir a demora.
Inicio dos pagos
Pola contra, dende a Consellería do Mar informaron de que xa se realizou o pagamento do 59 por cento das axudas ós armadores xa que as dos mariñeiros dependen do goberno central.
Entenden polo tanto que se trata dunha protesta contra o estado e non contra a Xunta que ten previsto efectuar a totalidade dos pagos antes de que remate o ano. Sen embargo, o colectivo ten pensado seguir manifestandose cada luns ás portas da Consellería ata que se aboen tódalas axudas.
Redacción Barbanza