As voces de ‘Airiños’ soarán de novo 30 anos despois da súa desaparición

    airinos_100_231209.jpgVILAGARCÍA> Un libro de lembranzas e unha gala homenaxe servirán de escusa para reunir a varias xeracións de ex-compoñentes desta agrupación coral.

    {flowplayer}images/salnes/231209_airinos.flv{/flowplayer}

    Quizais a algún de vostedes lle veñan á memoria lembranzas entrañables ó escoitar falar de Airiños, a agrupación coral que marcou un fito na historia musical de Vilagarcía. Pois ben, cando se cumpren 30 anos da súa desaparición, a Editorial Teófilo Comunicacións, dirixida por un antigo membro de Airiños, vai sacar ó prelo unha publicación na que se recolle a historia e traxectoria desta formación. Un acontecemento que servirá de escusa para reunir de novo a moitos dos seus compoñentes nunha gala especial.

    Airiños nacía no curso do 70-71 como un coro de mozos dirixidos por Jaime Vaamonde Souto, na actualidade párroco da basílica de Santa María de Pontevedra. Durante unha década, distintas xeracións de rapaces foron pasando por esta agrupación que non só se limitou a ofrecer concertos por toda Galicia, España e incluso noutros países como Italia, senón que impulsou toda unha corrente social.

    Despois de 30 anos desaparecido, o vindeiro sábado, o Auditorio de Vilagarcía servirá como punto de encontro e lembranzas, unha oportunidade para que os seguidores do grupo naquel entón poidan revivir vellos tempos e a xente nova coñeza un anaco da historia de Vilagarcía.

    Redacción Salnés