A pista de xeo convértese no principal atractivo de Nadal Ocio

    pista_xeo100.jpgPONTEVEDRA> Nadal Ocio é a opción que nos ofrecen en Pontevedra para pasar un anaco divertido. Pequenos e non tan pequenos gozan xa …

    {flowplayer}images/salnes/nadal_ocio.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Nadal Ocio é a opción que nos ofrecen en Pontevedra para pasar un anaco agradable e divertido. Pequenos e non tan pequenos xa están a gozar das actividades que dende o día 18 se están a ofertar no recinto feiral da cidade.

    A pesares de que alí nos podemos encontrar de todo: inchables, obradoiros, karts entre outros moitos entretementos, hai unha clara favorita: a pista de xeo. Pero antes de entrar á pista de xeo debemos ter clara dúas cousas: a primeira é o seu o horario que vai de 4:30 a 11 da noite de luns a venres, e nas fins de semana amplíase ata a 1 da madrugada, e tamén permanece aberto polas mañás de 11 a dúas. A segunda, e máis importante, son as caídas. E inda que poidan existir pequenos problemas antes de entrar na pista, unha vez nela os nenos resultan ser uns verdadeiros profesionais.

    O certo é que os máis cativos teñen todo un abanico de posibilidades ó seu alcance ata o próximo día dez de xaneiro. Destacan as diversas actuacións que se están a realizar. Onte á tarde o Show dos pallasos invadiu o recinto dun ambiente de Nadal que conseguiu contaxiar a todos. O próximo día 28 ás sete, será o Mago Rei Midas o encargado de manter este espírito e, como el, tamén teñen esta tarefa Lilla + Fifo, o Show de Popín, así como uns piratas que tamén pasarán polo lugar.

    E mentres os nenos disfrutan, os pais poden pasar o rato na cafetería que está instalada no interior do recinto. Nadal Ocio é unha opción para que toda a familia pase un día de Nadal rodeado de risas e diversión pero iso si, hoxe e os próximos días 31 e 5 permanecerá pechado.

    Redacción Salnés