MEIS> Un total de dúas pagas, máis de tres mil euros, son as que os seus empregados reclaman nas sucesivas reunións cos directivos da empresa.
{flowplayer}images/salnes/industrias_carballo_OK_INFORMATIVO_NOITE.flv{/flowplayer}
Ás once da mañá os traballadores de Industrias Carballo reclamaban ás portas da empresa, en Vilanoviña Meis, o cobro das dúas mensualidades que levan atrasadas. A empresa avoga a falta de liquidez como o factor que imposibilita facer efectivo estes pagos, que ascenden a máis de 3.000 euros por traballador.
Fai uns meses aprobárase o ERE que contemplaba os compromisos de pago da débeda que facían referencia á paga extra do mes de xullo. Agora , os seus empregados non so ven como se incumpriu isto, se non que temen que suceda o mesmo coa do mes de decembro.
Os traballadores levan máis de vinte días solicitando unha reunión cos directivos desta empresa para poder chegar a unha solución. Pero dende Industrias Carballo non só manteñen o silencio se non que, segundo nos contaba Juan Fajardo, tampouco respectan as condicións laborais dos seus empregados.
Mentes que a vida laboral na empresa segue a desenvolverse con normalidade, os seu empregados non descartan realizan máis movementos reivindicativos se non perciben con brevidade os cartos que lles corresponden.
Redacción Salnés