Estancias máis curtas e novos destinos para viaxar en Fin de Ano

    viaxesfindeano_100_311209.jpgBARBANZA> Se ben a Noiteboa é a data por excelencia para celebrar en familia, cada vez son máis os que se animan a celebrar o fin de ano fóra.

    {flowplayer}barbanza/viaxesfindeano.flv{/flowplayer}

    Os barbanzáns seguen a buscar sol para despedir o ano. Por elo, as Illas Canarias continuan entre os destinos máis demandados nestas datas. Cobran forza este ano os circuitos por capitais europeas como Roma e Praga, de entre tres e cinco días. Pero a principal novidade atopámola nas estancias de fin de semana en casas de turismo rural ou balnearios qu incléun cea de gala e os distintos servizos que oferta o establecemento.

    Se ben a crise non se deixou notar no número de reservas, xa que cada vez son máis os que se animan a celebrar o fin de ano viaxando, si se notou un cambio de tendencias.

    As estancias son máis curtas e os destinos máis próximos. Así o Caribe os EEUU perden tirón fronte ós destinos nacionais ou Europa. Opcións sen dúbida máis económicas pero non por elo menos atractivas.

    O perfil do viaxeiro tamén varía e a mocidade deixa paso a matrimonios con fillos que aproveitan as vacacións escolares para viaxar en familia.

    Redacción Barbanza