Vilanova Centro entrega 20 xamóns e 40 vales como agasallo de Nadal

    entrega_premios_comerciantes_vilanova_100_311209_copia.jpgVILANOVA> Os empresarios asociados agradecen así a confianza dos vilanoveses que compraron estas festas nos establecementos do municipio.

    {flowplayer}images/salnes/311209_entrega_premios_vilanova_centro.flv{/flowplayer}

    Os empresarios de Vilanova Centro repartiron unha chuvia de agasallos. Adiantándose á chegada dos Reis Magos, a asociación de comerciantes quixo recompensar a confianza e fidelidade dos vilanoveses coa entrega dos premios que este ano sorteaban con motivo da tradicional campaña de Nadal. Vinte xamóns, que de seguro farán as delicias de moitos esta noite vella, e 40 vales de compra valorados en 50 euros cada un.

    Un a un os agraciados no sorteo que se celebrou o luns foron pasado para recoller o seu premio. Arroupando ós comerciantes estiveron a directora Xeral de Comercio, Nava Castro, o alcalde de Vilanova, o director de zona de Caixanova e o presidente do Consorcio do Comercio do Salnés. Todos fixeron fincapé na importancia de impulsar este tipo de iniciativas para converter ó comercio de proximidade no motor económico e fonte de emprego de futuro.

    Polo de agora haberá que agardar ata a noite do martes para ver se os Reis Magos engordan aínda máis esta carteira de agasallos. Seguro que os empresarios de Vilanova Centro, que participan na cabalgata, poñen algo de maxia da súa parte.

    Redacción Salnés