Os Reis pasarán pero a maxia quedará en Vilagarcía

maxia_vilagarcia_100_050110_copia.jpgVILAGARCÍA> Catro ilusionistas da Asociación de Magos Galegos pasarán polo Auditorio para entreter ós cativos nos últimos días de vacacións.

{flowplayer}images/salnes/050110_ptac_nadal_maxico.flv{/flowplayer}

As súas Maxestades de Oriente pasarán esta noite para deixar miles de agasallos baixo as árbores de Nadal dos nosos fogares. Logo marcharán, pero en Vilagarcía, a maxia seguirá presente ata o vindeiro domingo. Diso encargaranse os magos Marttyn Andersen, Dani García, Cayetano Lledó e Luis Boyano. A concellería de Cultura quere así encher o tempo de lecer de nenos e maiores nos últimos días das vacacións, xa que ata o luns non comezan as clases.

Os espectáculos terán lugar o xoves 7, venres 8 e domingo 10 de xaneiro no Auditorio Municipal a partir das sete da tarde, e neles poderán verse números innovadores con escenas moi visuais. Os primeiros en arrincar o xoves serán Marttyn Andersen e Dani García. A montaxe “Symbiosis: maxia para vos” fará unha homenaxe ó cine, e en particular ó filme da Guerra das Galaxias, con loitas escénicas nas que empregarán a luz do láser para os números de maxia.

O venres a música, os malabares e a hipnose virán da man de Cayetano Lledó e o seu espectáculo “Máxico Circus Cabaret”, mentres que Luis Boyano, premio Nacional de Maxia 1998, será o encargado de pechar este ciclo de ilusionismo cunha montaxe dedicado ó público familiar: “Con todo el corazón”.

Redacción Salnés