Rianxo: o Sort galego

    premiosorteonenorianxo_100_07012010.jpgRIANXO> A administración de lotarías ‘O mexillón de Ouro’ vendeu entre os seus clientes varias series do número 09.188 que obtivo o terceiro premio no Sorteo do Neno celebrado onte.

    {flowplayer}barbanza/premiosorteonenorianxo.flv{/flowplayer}

    Esta mañá moitos dos clientes da aministración de lotarías ‘O mexillón de Ouro’ de Rianxo comprobaban con desacougo os seus décimos, agardando a que algún deles fora o 09.188, o boleto premiado co terceiro premio no Sorteo do Neno celebrado onte. Na maioría dos casos a sorte foilles esquiva, polo que, non lles queda outro remedio que seguir a intentalo.

    300 mil euros

    Segundo o xerente desta administración, Anxo Cristobo, vendéronse entre a súa clientela ó redor dunhas dez series deste número, así como tamén varias pedreas, o que suporía un premio total que rondaría os 300 mil euros.

    Importantes premios

    Nos últimos anos Rianxo está tocada pola deusa fortuna. Cabe recordar que no ano 2003 a localidade resultou agraciada co gordo de nadal, e nos últimos anos foron importantes os premios acadados en diversos sorteos de Lotarías e Apostas do Estado. Hai moita xente que considera a Rianxo coma o novo Sort galego.

    Redacción Barbanza