COGAMI implanta un servizo de orientación laboral en Porto do Son

cogamiempregoson_100_08012009.jpgPORTO DO SON> Anxo Queiruga, responsable de COGAMI mantivo unha xuntanza co executivo local para presentarlles os servizos que presta a entidade.

O presidente da Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI), Anxo Queiruga mantivo unha xuntanza con membros do grupo de goberno do concello de Porto do Son para presentarlles os servizos que presta a entidade.

Ademáis na reunión abordouse a necesidade de establecer no municipio os recursos necesarios para mellorar a atención as persoas con discapacidade. A intención de COGAMI é poñer en marcha no concello sonense un punto de atención centralizado para todas as persoas con discapacidade do municipio que demandan traballo.

Trátase dun servizo de Intermediación Laboral que funciona como centro colaborador do Servizo Público de Emprego da Consellería de Traballo. Un orientador laboral será o encargado de atender as máis de sesenta persoas con discapacidade do concello que na actualidade se atopan na procura dun emprego. 

{flowplayer}barbanza/cogamiemprego.flv{/flowplayer}

Ademáis de presentar este servizo ao alcalde e membros do grupo de goberno de Porto do Son, o presidente de COGAMI aproveitou a súa visita para dar a coñecer os servizos que presta a entidade. Ademáis de información e orientación laboral, Anxo Queiruga fixo fincapé nos proxectos de formación de adultos, no desenvolvemento de actividades de ocio e tempo libre e na posta en marcha de programas europeos.

Dende COGAMI esperan contar coa colaboración do concello sonense para intercambiar coñecementos, información e fomentar a contratación laboral das persoas con discapacidade nas empresas da localidade.

Redacción Barbanza