O liderato da LF2 non obsesiona ó Extrugasa

baloncesto250_080110.jpgVILAGARCÍA > O Extrugasa afronta esta fin de semana un partido a priori sinxelo. Recibe en Fontecarmoa ó Cáceres 2016 coa intención de rematar a primeira volta con victoria. Incluso poderían ser líderes á final da xornada dependendo doutros resultados, algo que non obsesiona no seo do conxunto vilagarcián.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_080110.flv{/flowplayer} 

Non se puido comezar mellor o ano. A victoria da semana ante o Ensino dá máis moral a un Extrugasa que volve a saír reforzado dun partido ante un rival directo. Un triunfo que foi moi ben asumido polo plantel; Tito Díaz non veu relaxación nos adestramentos desta semana. 

O certo é que a victoria de Lugo colocounas no segundo posto da xeral empatadas co Ensino, que é líder, e con Arranz Jopisa que son terceiras por basketaverage. O domingo estes dous equipos enfróntanse no derradeiro partido na primeira volta; unha victoria das burgalesas podería colocar ó Extrugasa líder. Eso sí, hai que sacar adiante o partido ante o Extremadura Cáceres 2016, un equipo que loita pola permanenbcia e tan só sumou dúas victorias no que vai de temporada. Aínda así Tito Díaz non se fía. 

Rematar a primeira volta como líderes sería un gran paso para acadar o obxectivo do ano: meterse na fase de ascenso.

Durante esta semana o equipo non se puido adestrar con normalidade. Onte tivo que ser suspendida a sesión vespertina ó estar tan só seis xogadoras á diposición de Díaz. Andrea Ríos lesionada, e Saray Ruiz e Ylenia con molestias non estaban en condicións de saltar o parqué pero poderían estar mañá. Por iso durante esta semana a senegalesa do xuvenil Amy reforzou ó equipo nos adestramentos aínda que a súa presenza nos partidos é pouco probable.

Redacción Salnés