Un concerto coral abre as homenaxes ó poeta Miguel Hernández

villanvico_extrafino_100_110110_copia.jpgVILAGARCÍA> O coro da Universidade de Vigo interpretará "Villancico extrafino" o xoves 14 de xaneiro no Auditorio.

{flowplayer}images/salnes/110110_concerto_miguel_hdez.flv{/flowplayer}

O Auditorio de Vilagarcía será testemuña dunha estrea musical sen precedentes: o coro da Universidade de Vigo interpretará por primeira vez a adaptación corística de “Villancico extrafino”, catro poemas compostos polo alicantino Miguel Hernández, e que foron musicados por Juan Pérez Bernat. A obra é de temática nadaleña, o que permitiu á concellería de cultura de Vilagarcía fiar as festas pasadas co comezo do ano no que se conmemora o centenario do nacemento de Hernández.

A actuación musical deste xoves vén acompañada coa presentación do libro no que se recolle a adaptación musical do poemario que se vai interpretar no Auditorio. Está editado por ‘Dos Acordes’ e a Axencia Galega de Industrias Culturais. A tradución ó galego correu da man da mestra Pamela Rodríguez. Unha versión que se presentará por primeira vez ó público en Vilagarcía. O certo é que xa se estreara con anterioridade, pero sen coro. Polo que este xoves será a oportunidade de escoitar en primicia as panxoliñas de Hernández na voz do coro da Universidade de Vigo.

Despois de Vilagarcía este concerto xirará por outras cidades galegas, e pechará, a finais deste ano os actos de Nadal da Universidade de Vigo.

Redacción Salnés