Juan Galván: ‘Non me considero culpable, pero recoñezo os feitos’

    parricidio_alba_100_120110_copia.jpgPONTEVEDRA> O parricida de Alba admite ante o xuíz que asasinou ó seu pai e intentou matar á súa nai a noite do 20 de outubro do 2008.

    {flowplayer}images/salnes/120110_xuizo_parricidio_alba.flv{/flowplayer}

    Os informes forenses establecen que Juan Galván sofre un trastorno mental, esquizofrenia paranoide. Por iso, desde o punto de vista legal, considérase que non era unha persoa imputable cando a noite do 20 de outubro do 2008, segundo o escrito do fiscal, entrou na súa casa armado cunha barra de ferro e un coitelo e matou violentamente ó seu pai.

    Segundo explica o seu letrado, durante esta tarde producíronse unha serie de signos, entre eles a visita duns familiares, que o acusado interpretou con un ataque inminente contra a súa persoa, e este sería, segundo a defensa o desencadenante dos feitos. Deste xeito o avogado de Galván considera que non se tratou dun crime premeditado, ó contrario que a fiscalía. É máis, o avogado do Ministerio Público engade que o mozo tiña incluso preparado un plan alternativo en caso de fracasar no primeiro intento. Aínda así, fiscal e acusación acolleron algunhas das teses presentadas pola defensa para solicitar a condena ás penas mínimas: que o acusado confesou o parricidio ante a Garda Civil inmediatamente despois dos feitos, e a doenza mental. Tamén piden que cumpra as penas nun centro de internamento psiquiátrico en lugar do cárcere. En total 23 anos, 15 polo delito de asasinato consumado, 7 por outro en grao de tentativa contra a súa nai e seis meses polas lesións ocasionadas á unha veciña á que atropelou cando perseguía á nai para matala.

    Desde que se cometeron os feitos, o acusado permanece recluído no cárcere de A Lama, baixo tratamento psiquiátrico. O xuízo quedou xa visto para sentencia.

    Redacción Salnés