APECO esixe maior vixilancia policial ante o incremento dos roubos

    apecoroubos_100_151010.jpgPOBRA> Ante a vaga de roubos que se vén rexistrando nos últimos meses, a Asociación do Pequeno Comercio solicita o incremento da vixilancia policial.

    {flowplayer}barbanza/apecoroubos.flv{/flowplayer}

    Os roubos no tanatorio e no punto limpo da Pobra, dos que lles dabamos conta esta semana, son só o último capítulo dunha longa lista de sucesos similares que nos últimos meses se están a rexistrar neste e noutros concellos da comarca.

    Co obxectivo de poñer fin á inseguridade que se está a apoderar do sector, a Asociación do Pequeno Comercio da Pobra (APECO) dirixiu un escrito ó concello solicitando que se incremente a vixilancia.

    Graves prexuízos

    No texto remitido pola asociación destácanse os graves prexuízos que este roubos ocasionan ós propietarios e traballadores de comercios ou establecementos hostaleiros, non só polas perdas económicas senón tamén polos danos morais e os riscos para a propia integridade física.

    Por estes motivos apelan á Xunta de Seguridade Local a emprender novas medidas preventivas incrementando as actividades de vixilancia a través dunha maior coordinación entre os corpos da Policía Local e da Garda Civil.

    Redacción Barbanza