Canal Rías Baixas

Vázquez amósase optimista sobre a recuperación do equipo

ILLA> Se onte falábamos de cómo chega ó derbi o Vilalonga desta volta centrámonos no Céltiga, que non atravesa polo seu mellor momento da temporada.

{flowplayer}images/salnes/celtiga_150110.flv{/flowplayer} 

Un empate nos últimos cinco partidos é o único positivo que sumou o Céltiga dende o 29 de novembro, día da súa última victoria ante o Ourense. Esta mala xeira de resultados colocounos máis preto dos da zona baixa que dos catro primeiros, unha situación que decepciona no Salvador Otero, porque se agardaba máis deste equipo. Con todo, Pablo Vázquez pide calma. 

Nas últimas semanas, ante a mala traxectoria do equipo especulouse coa posible substitución de Vázquez. O técnico pontevedrés prefire centrarse no seu traballo a pensar na súa continuidade.

O certo é que o derbi chega nunha situación delicada para os da Illa, que os pode afundir ou ben renovar. Enfronte o Vilalonga pasa por un gran momneto. Ademais Vázquez sabe das virtudes dos de Gabi Leis: se fan máis fortes na casa.

No cadro celeste Gabi Leis poderá contar con tódolos seus efectivos. Non así no Céltiga, que perden a Óscar Blanco por sanción e Cardeñosa por lesión. Eso sí recuperan a Adrián Santos e Hugo Soto que xa cumpliron sanción e a Manu Conles,  mellorado das súas molestias.

O derbi será  o domingo ás 17:00 horas en San Pedro.

Redacción Salnés

Exit mobile version