Rosa Quintana visita A Illa para comprobar os danos do temporal

    igafa_copia100.jpgA ILLA> A Conselleira do Mar percorreu o IGAFA e reuniuse cos responsables da Confraría para cuantificar as perdas.

    {flowplayer}images/salnes/IGAFA.flv{/flowplayer}

    Acompañada polos responsables do IGAFA e o delegado da Xunta en Pontevedra, a conselleira do Mar percorreu as diferentes instalacións escoitando e tomando nota dos danos producidos polo temporal. Rosa Quintana sinalou que, dende o xoves, estivo en contacto coas diferentes asociacións para realizar un seguimento dos problemas e as necesidades.

    A conselleira explicou que aínda non están cuantificados os danos, polo que non existe unha partida especial. En principio a reparación de danos estará subvencionada a través dos presupostos para imprevistos. En caso de non ser suficientes, buscaríanse outras vías.

    O alcalde de A Illa, Manuel Vázquez, afirmou que a localidade sufriu uns danos moi duros e que tardarán en recuperarse.

    Unha hora máis tarde, a conselleira reuniuse cos responsables da confraría da Illa. Os afectados espuxéronlle que os maiores danos veñen do sector bateeiro. Calcúlase que tardarase máis de dúas semanas en facer un reconto dos danos.

    Redacción Salnés