Un convenio para protexelos datos dos asociados

    consorcio_comercio_copia100.jpgVILAGARCÍA> O presidente do Consorcio do Comercio do Salnés sinalou que este acordo está dentro da política de abaratamento de gastos para os seus membros.

    {flowplayer}images/salnes/COMERCIO_SALNES.flv{/flowplayer}

    O obxectivo do convenio é protexelos datos que manexan continuamente os comercios asociados así como a propio Consorcio do Comercio do Salnés. A través deste acordo, os asociados poden acceder a unha serie de descontos no prezo do servizo, situándose entre o 20 e o 30%.

    Os responsables da empresa Servizos Normativos, porase en contacto cos diferentes socios para que se unan ó convenio. Tras esta rolda de contactos, a empresa entregará ó Consorcio un informe no que se recollerá o prezo definitivo.

     Marcos González, sinalou que convenio é moi importante para protexer a información dos seus asociados e enmárcase dentro da política de abaratamento de gastos.

    González espera que os novos servizos que se ofrecen a través do Consorcio animen a máis comercios a asociarse.

    Redacción Salnés