Farjas asiste á posta en marcha do 3º andar do Hospital do Salnés

    pilar_farjas100.jpgVILAGARCÍA> A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, visitou esta mañá o terceiro andar do Hospital do Salnés.

    {flowplayer}images/salnes/PILAR_FARJAS.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Pilar Farjas, acompañada polo presidente da Deputación, Rafael Louzán, o Delegado Territorial, José Manuel Cores Tourís e a alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García, percorreu o terceiro andar do Hospital do Salnés comprobando a infraestrutura asistencial.

    A pranta ten unha superficice de arredor de 1.200 metros cadrados. O investimento de máis de 2,4 millóns de euros permitiu aumentar o número de camas. O terceiro andar do hospital incorpora a tecnoloxía sanitaria sen papeis. A través dunha rede WIFI, os profesionais terán conexión para acceder á información clínica.

    Neste momento, estase a licitar o Plan Director e o proxecto construtivo do hospital, para o que a Administración Sanitaria Galega ten destinados 158.000 euros. Seguidamente, procederase a licitar a fase dúas do bloque de urxencia, que contará cun investimento dun millón de euros.

    A titutar de Sanidade do executivo Galego, afirmou que se continúa así co cumprimento dos compromisos da Consellería de Sanidade coa área sanitaria do Salnés.

    Redacción Salnés