Xinecoloxía e traumatoloxía superan os cen días de espera media

    balancehospital_100_260110.jpgBARBANZA> A dirección do Hospital do Barbanza presentou o balance anual do centro. Os datos de 2009 reflexan unha situación similar á de anos anteriores.

    {flowplayer}barbanza/balancehospital.flv{/flowplayer}

    O dato máis positivo que se desprende do balance de 2009 é o tempo medio de espera para intervencións cirúrxicas ordinarias que se mantén con pequenas variacións respecto ó ano anterior. Dende o centro hospitalario fíxose un importante esforzo para reducir estes tempos xa que no terceiro trimestre do ano chegáronse a alcanzar os 850 pacientes con 93 días de demora. Sen embargo, conseguiron pechar o ano con 650 pacientes e unha espera de 70 días.

    Na outra banda, o dato negativo segue a residir nas listas de espera para consultas externas. As cifras non son comparables cos anos anteriores posto que se modificou o sistema de información incluindo no rexsitro, dende marzo de 2009, ós pacientes rexistrados nas axendas dinámicas e dende setembro tamén aqueles non rexistrados na lista de espera de consultas iniciais.

    Con estas modificacións, o dato oficial con que se pecha o ano é de 80 días de media. Aínda que dependendo da especialidade obsérvanse diferencias. Á cabeza seguen a situarse endocrinoloxía, xinecoloxía e traumatoloxía, con 143, 124 e 106 días de media de espera, respectivamente. Pola contra, as especialidades con menor demora son cardioloxía, cunha media de sies días, ou oftalmoloxía con tan só catro.

    Con respecto ás demoras na realización de probas diagnósticas, a radioloxía convencional presenta unha media de dezaoito días sendo, pola contra, a de mama a que maior demora ofrece cunha media de 453 días.

    Hospitalización

    Na área de hospitalización, mantéñenese o número de ingresos aínda que se conseguiu reducir levemente a estancia media. Tamén se manteñen as cifras de partos aínda que se incrementa en catro décimas as pacientes ás que se lles subministrou epidural.

    De cara ó presente ano, os principais esforzos do equipo directivo dirixiranse á reducir o tempo medio de espera nas especialidades máis problemáticas, tanto en consultas como en probas.

    Redacción Barbanza