O Cerceda lévase a victoria de San Pedro cun gol polémico

cerceda250_010210.jpgSANXENXO> O Vilalonga caeu ante o conxunto de Suso Moure por 0-1. O tanto visitante chegou no minuto 94 nunha acción precedida de polémica.

{flowplayer}images/salnes/vilalonga_010210.flv{/flowplayer} 

Non mereceu a derrota o Vilalonga onte en San Pedro ante todo un Cerceda que aspira a ser campión de grupo. Os de Suso Moure foron maniatados en todo momento polo cadro celeste ó que lle faltou un pouquiño máis de continuidade no xogo de ataque para poderlle dar un susto incluso maior ó seu rival.

Así as cousas o empate sería o xusto polo visto sobre o San Pedro onde o protagonista ó final acabou sendo o colexiado, que non contentou a ninguén coas súas decisións.

Tras unha primeira metade igualada e de poucas ocasións, na segunda, tras varios achegamentos con escaso peirgo, o árbitro tragouse un penalti de Pazos a Souto. O porteiro cambadés chegou tarde e derribou ó dianteiro visitante.

Coa polémica servida chegaron os mellores minutos dos locais. Primeiro avisaba Saúl de falta, aínda que o seu disparo foise demasiado alto. Logo foi Machu o que tirou demasiado cruzado. Unha das ocasións máis claras do partido estivo nas botas de Xaco. Despois de baixar con calidade un balón do ceo e de aproveitarse dun erro de Tachi, o mediapunta atopouse con Pazos, que estivo moi acertado.

Cando todo semellaba que ía rematar en 0-0, no 94′ chegaba a acción decisiva. González Sobrado ve falta de Machu sobre Souto nunha pugna aérea. Os xogadores celestes protestaron a decisión sabedores do perigo que podía levar o lanzamento desa falta. E andaban no certo, porque Xaco, desta volta non errou, engañou a Pazos e fixo o 0-1 para desesperación local.

Unha derrota moi amarga para un Vilalonga que continúa na zona tranquila da xeral, con 30 puntos, sete sobre o descenso.

Redacción Salnés