O Xuven quédase ás portas da fase de ascenso

xuven250_010210.jpgSALNÉS> Unha de cal e outra de area para os conxuntos do Salnés. A mala nova chegounos dende Cambados onde o Xuven non puido ratificar a súa presencia na fase de ascenso e perdeu ante o Xiria. A cara foi o Extrugasa, que venceu con autoridade ó Pabellón de Ourense.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_010210.flv{/flowplayer} 

A defensa foi a arma que utilizou o Extrugasa para pasar por enriba do Pabellón (60-41). As ourensáns chegaban con folgos renovados despois dos últimos bos resultados que colleitaran pero nada puideron facer ante a intensidade das de Tito Díaz. As vilagarciáns foron quen de deixar ó seu rival en 16 puntos ó descanso para irse 21 arriba ós vestiarios con todo decidido.

De feito eses 21 puntos foron a diferencia final despois dunha segunda parte menos intensa na que, unhas non quixeron urgar máis na ferida, e as outras fixeron todo o posible por maquillar o marcador.

Unha das claves do encontro estivo na gran defensa feita por Ylenia Manzanares sobre Jennifer Harris; a norteamericana forase na última xornada ata os 30 de valoración, os sábado fixo -3.

No ataque do Extrugasa estiveron moi repartidos os méritos, nove das dez xogadores que Díaz puxo en pista foron quen de anotar.

Unha victoria que lles relanza despois do traspés de Santiago e que lles fai acudir ó vindeiro partido en Badajoz como líder do grupo.

Peor lle foron as cousas o Xuven no partido decisivo ante o Xiria (79-90). Gañar significaba meterse na fase de ascenso e perder loitar pola permanencia, que será o que lles toque. Unha mágoa para os de Diego Doval sobre todo tras ter estado ocupando a quinta praza da xeral durante a meirande parte da competición.

Na previa ó encontro o técnico dos cambadeses falaba da importancia que tería a defensa dos seus sobre os xogadores interiores visitantes. E ahí estivo a clave. Despois dunha primeira parte igualada os de Carballo xogaron para os seus pívots e a defensa local non os puido parar. As diferencia chegaron a ser de case 20 puntos e o encontro quedou resolto minutos antes do final para decepción do case medio milleiro de afeccionados que se deron cita no Pombal.

Villaronga e Juan Mato, con 19 puntos, foron os máis destacados do Establecimientos Otero.

Agora loitarán pola permanencia, obxectivo factible a priori xa que na segunda fase contabilizaranse as victorias obtidas na primeira.

Redacción Salnés