Os erros defensivos e a mala puntería condenan ó Céltiga

celtiga250_010210.jpgILLA> O Céltiga suma xa oito xornadas sen gañar. Onte cederon un empate na casa ante o Berganitños despois de regalar dous tantos e perdoar numerosas oportunidades de gol ante o meta rival. Continúan a dous puntos do descenso directo.

{flowplayer}images/salnes/celtiga_010210.flv{/flowplayer} 

Xa non se sabe se é por mala sorte ou por falta de confianza. O Céltiga xoga mellor que o seu rival pero non é quen de superalo, e así leva dende o 29 de novembro, data do seu último triunfo.

Onte puideron golear ó Bergantiños pero a súa falta de puntería e os erros defensivos impedírono. O encontro comezou mal xa que ós oito minutos xa gañaban os de Carballo grazas a un gol de Deus, que aproveitou un mal rexiete da zaga local.

A partir de ahí o balón e as ocasións foron para os de Pablo Vázquez. David Yáñez salvou o empate ó cuarto de hora tras un testarazo de Hugo. Poucos despois o que remataba alto era Adrián Santos. Tamén a tivo Manuel pasada a media hora, pero o seu tiro centrado atrapouno sen problemas o gardamallas visitante.

Do que puido ser o 1-1, ó 0-2. Unha falta de entendemento entre Toño e Adrián propiciou o segundo tanto. Josiño non se cría o agasallo que acadaba de recibir.

Na segunda metade o dominio do Céltiga foi ainda maior cun Bergantiños que se adicou a defender e saír á contra. Así puido chegar o 0-3. Desta volta foi Toño o que lle gañou a partida a Josiño.

A reacción local chegou no ecuador do segundo tempo. Unha gran xogada colectiva que naceu das botas de Óscar Blanco: enviou en longo para que Hugo cedese a Iago e facer o 1-2.

Xusto despois, noutra contra perdoaban os visitantes. De novo Josiño regateou a Toño pero mandou o coiro ó lateral da rede.

A quince para o remate apareceu de novo Hugo para poñer as táboas, cun zurdado que tras tocar nun defensa superou por alto a Yáñez.

O asedio do Céltiga foi constante de ahí ó final. Manuel mandou un balón de novo ó boneco. Fernando rematou coa cabeza arriba dúas veces, en sendos corners. E a máis clara nas botas de Iago. Entre o defensa e o longueiro salvaronn un gol cantado.

Puido gañar o Céltiga pero puido perder. Desta volta Toño salvou ó seu equipo cunha dobre intervención coa que morreu o partido.

Redacción Salnés