Os populares barbanzáns trazan a estratexia de cara as municipais

reunionppcomarcal_100_01022010.jpgLOUSAME> Os representantes do Partido Popular nas comarcas do Barbanza e Muros-Noia mantiveron un encontro co presidente provincial, Carlos Negreira.

{flowplayer}barbanza/reunionppcomarcal.flv{/flowplayer}

A xuntanza de traballo celebrouse coa vista posta xa nos comicios do próximo ano, nos que o Partido Popular ten moitas expectativas. Expectativas máis que fundadas na comarca do Barbanza onde a intención de voto e o apoio á formación conservadora supera con creces a media provincial.

Tras constituír o comité comarcal que se encargará de elaborar un programa que recolla as necesidades dos cidadáns destas dúas bisbarras, o obxectivo agora é acadar un deputado provincial máis que permita ós populares recuperar o goberno da Deputación coruñesa.

Impulso

A nivel autonómico, o balance do goberno do PP na Xunta non pode ser máis favorables. O presidente provincial destacou os avances que supuxo para as comarcas a chegada dos populares a San Caetano, acelerando proxectos que se atopaban estancados como a variante de Noia ou o impulso á creación de chan industrial.

A curto prazo, o obxectivo é seguir creando emprego e riqueza nestas comarcas a través do proxecto de portos xacobeos.

Dende a dirección provincial tamén se animou ós representantes locais a apoiar aquelas iniciativas que favorezan o emprego, veñan de quen veñan, xa que a creación de postos de traballo constitúe a mellor política social.

Redacción Barbanza