Pontevedra acolle a 46 edición do Concurso Internacional da Camelia

    camelia_copia100.jpgPONTEVEDRA> A exposición terá lugar entre os días 26 e 28, no Sexto Edificio do Museo. Vai reunir 11 perspectivas distintas doutros tantos artistas galegos.

    {flowplayer}images/salnes/CAMELIA_DEPUTACION.flv{/flowplayer}

     Este ano, tócalle á Deputación de Pontevedra, levar a cabo o Concurso Internacional da Camelia. Segundo explicou o vicepresidente provincial, a mostra xurde en torno á figura da camelia, da súa beleza e do seu indiscutible protagonismo nos nosos xardíns. José Juan Durán sinalou que, o obxectivo deste evento, é reforzar a dimensión de patrimonio histórico e natural desta planta na provincia.

    Así mesmo, realizarase unha exposición plástica con pinturas e fotografías, que engadirán a visión persoal dos autores sobre a camelia, a través de sensibilidade, maxia luz e cor. Van participar 11 artistas galegos ou de raigames galegas.

    O vicepresidente recordou que as inscricións para o concurso poderán presentarse no rexistro da Deputación ata á 1 da tarde do día 22. Tamén engadiu que están programadas actividades para todos os públicos como ludotecas ou cursos de bonsais.

    Redacción Salnés