Hip hop, brake dance e graffiti, este sábado na Praza da Peixería

    take_this_100_030210.jpgVILAGARCÍA> O ‘Take This 2’ homenaxea a cultura urbana cun cartel de artistas galegos, doutros puntos de España e Portugal.

    {flowplayer}images/salnes/030210_take_this.flv{/flowplayer}

    A segunda edición do Take This chega a Vilagarcía cun cartel máis amplo que o do ano pasado e con artistas de gran sona en Galicia, España e incluso Portugal. Este festival pretende achegar a cultura urbana a toda a cidadanía. Por iso, os encargados de organizalo son os propios mozos de Vilagarcía que forman parte de movementos como o hip hop, brake dance ou graffiti. Este sábado, ás cinco da tarde arrinca o Take This con exhibicións musicais e de baile. No apartado de graffiti haberá debuxantes locais, galegos e de Portugal.

    A concellería de Xuventude colabora na organización deste festival, e animan a xente de tódalas idades a que descubran estes movementos culturais. Ana Lorenzo, titular deste departamento engadiu que desde o concello están a traballar para promover a cultura urbana en Vilagarcía, e recuperar espazos da cidade para que estes mozos poidan dar renda solta á súa arte.

    Redacción Salnés